Ons, a illa do tesouro

Robert Louis Stevenson escribiu que aquela illa gardaba un tesouro, e aquel neno non parou até dar con el.

Moitos nenos como aquel de Stevenson deron co tesouro da illa de Ons, desde Álvaro de las Casas a Staffan Mörling, e o tesouro daba que atopar: non estaba soterrado, nin agachado nunha adega, nin custodiado nunha fortificación. De feito o tesouro de Ons nin siquera se trataba dunha morea de xoias e moedas descansando dentro dun baúl medio enferruxado. Iso si, para atopalo era preciso ser un pouco neno, deixarse emocionar, sintonizar coa emisión das súas ondas.

10/28/2016

"O escaravello de ouro" Edgar Allan Poe

     Como primeira lectura do noso club decidimos escoller "O escaravello de ouro", un relato clásico de aventuras e misterio, do escritor norteamericano Edgar Allan Poe

      
     Un manuscrito cunha mensaxe oculta. Unha caveira, unha árbore e unha illa. Un tesouro escondido por un pirata. Logo de encontrar un abraiante escaravello e un misterioso pergamiño, William Legrand decide buscar o tesouro do capitán Kidd, levado por unha forte intuición, e axudado polo seu servente Xúpiter.

10/24/2016

24 DE NOVEMBRO, DÍA DA BIBLIOTECA

      Como actividade inicial do Club de Lectura, e para conmemorar o Día da Biblioteca, o noso alumnado está a recompilar unha serie de citas de diferentes escritores internacionais relacionadas coa lectura. Con elas elaborarán carteis que serán expostos nos corredores do noso centro. 
      Aí van algúns exemplos das citas seleccionadas.