Ons, a illa do tesouro

Robert Louis Stevenson escribiu que aquela illa gardaba un tesouro, e aquel neno non parou até dar con el.

Moitos nenos como aquel de Stevenson deron co tesouro da illa de Ons, desde Álvaro de las Casas a Staffan Mörling, e o tesouro daba que atopar: non estaba soterrado, nin agachado nunha adega, nin custodiado nunha fortificación. De feito o tesouro de Ons nin siquera se trataba dunha morea de xoias e moedas descansando dentro dun baúl medio enferruxado. Iso si, para atopalo era preciso ser un pouco neno, deixarse emocionar, sintonizar coa emisión das súas ondas.

5/08/2017

Los perros de agosto

     O alumnado de 4º ESO que este curso forma parte do Club xa está inmerso na lectura da novela xuvenil Los perros de agosto, de Alexis Ravelo.  

https://imagessl5.casadellibro.com/a/l/t0/95/9788466784795.jpg 

     O mesmo día no que un grande empresario chega ao máis alto do poder económico na súa rexión, o cadáver dun indixente aparece flotando nos peiraos. Só o Gordo Castro, un estudante de xornalismo en prácticas, desgreñado, asocial e adicto ao café con leite, sabe que as noticias están estreitamente relacionadas.

Nenhum comentário: