Ons, a illa do tesouro

Robert Louis Stevenson escribiu que aquela illa gardaba un tesouro, e aquel neno non parou até dar con el.

Moitos nenos como aquel de Stevenson deron co tesouro da illa de Ons, desde Álvaro de las Casas a Staffan Mörling, e o tesouro daba que atopar: non estaba soterrado, nin agachado nunha adega, nin custodiado nunha fortificación. De feito o tesouro de Ons nin siquera se trataba dunha morea de xoias e moedas descansando dentro dun baúl medio enferruxado. Iso si, para atopalo era preciso ser un pouco neno, deixarse emocionar, sintonizar coa emisión das súas ondas.

5/11/2017

Os Papalagui

     Os Papalagui é a última obra seleccionada polos responsables do Club de Lectura para o alumnado de 3º ESO dentro deste curso académico.
    Os Papalagui ("home branco estranxeiro"), son pequenos discursos de Tuiavii de Tiavea (xefe de Samoa) dirixidos aos habitantes das illas do Mar do Sur, e nos que se fala de Europa, da cultura occidental, de nós.

 https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEh9C0JdWn9fYiNloSoyTlksibnvkvAOi6-vOeOa10Pred8gdHvg2ohenod1SJU28cu_rgSVB0EvO5JztgCo1SHn0SszlmtBAAbreFtqJxdH1YXyL0sNE1OoKPpXlr3Xr5-hfRp2xrQgfoOQ/s1600/escanear0045.jpg

     A mirada distante e lúcida deste samoano redescóbrenos os nosos costumes, o traballo, o tempo que nos marca o ritmo vital, as vivendas, o cine...
     E faino de maneira divertida causando asombro en nós mesmos ao vernos cómo somos, descubríndonos menos esclarecidos do que pensabamos, véndonos case ridiculizados.

Nenhum comentário: